ABERTAS AS INSCRICIÓNS GRAN FONDO CAIXABANK PONTEVEDRA 2024

Mar 18, 2024

Amantes da carreira, chegou o momento de poñer á proba as vosas zapatillas e desafiar os vosos límites: O GRAN FONDO CAIXABANK PONTEVEDRA 2024 está de volta na súa 42º edición, e as inscricións xa están abertas ???

Preparádevos para unha experiencia única que combina deporte, paixón e comunidade nun percorrido emocionante polas rúas da nosa fermosa cidade!

Lembrade que temos tres emocionantes carreiras para todos os entusiastas:
MM: Ofrecemos tres períodos de inscrición. O primeiro e o segundo período terán prezos reducidos, con incremento de prezo do primeiro ao segundo.
10K: Dispoñemos de dous períodos de inscrición, sendo o primeiro a un prezo reducido.
Menores: Un único período de inscrición para esta carreira.
(Prezos consultar reglamento)

Existen descontos por desemprego nos dous primeiros tramos da MM e no primeiro do 10K, para máis información, por favor, contactádenos ao correo info@sgpontevedra.com.

Os deixamos o regulamento onde atoparedes toda a información necesaria sobre o evento!

https://webs.ccnorte.es/media/mmpontevedra.com/documentos/Regulamento_MMP24_previo.pdf