COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK COOKIE_INFO_PARA

"Despois de dous anos sen poder correlo, este ano espero polo menos estar loitando cos mellores"

Out 15, 2018

MANUEL HURTADO SANJURJO é o atleta que máis veces gañou o Medio Maratón de Pontevedra. Por problemas físicos e de lesións leva dende o 2015 sen gañar esta proba. Agora, tres anos despois, e xa recuperado das súas molestias, volve a Pontevedra para buscar o cuarteto de triunfos nunha das mellores medio maratóns de Galicia.

 

Fai uns días recibimos noticias de que volvía correr o Medio Maratón de Pontevedra despois de dous anos sen facelo. Que pasou nese tempo para que romperan a boa racha que levaba?

Nos dous últimos anos foron problemas físicos os que me impediron estar na liña de saída. Unha mágoa, porque correr este medio maratón é do que máis me apetece á volta do verán.

 

Campión no 2012, no 2013, segundo en 2014 e outra vez primeiro en 2015. ¿en busca dun cuarteto de triunfos?

Sí, para iso levo adestrando todo o verán. Despois de dous anos sen poder correlo, este ano espero polo menos estar loitando cos mellores. Gañar coa camiseta da Ximnástica de Pontevedra, tamén é un aliciente extra, pois levo tres anos no clube e  me están a tratar moi ben.

 

É o atleta que máis veces gañou esta competición, ¿cómo se sinte ao ser un dos máis laureados nun dos medios maratóns máis importantes de Galicia?

Pois a verdade que cunha enorme satisfacción, tanto por este, como por todos os logros da miña carreira, porque son froito de moitos anos de esforzó diario.

 

Respecto ás edicións pasadas, que consello lle daría á organización para que o teña en conta para este año?

A organización da carreira xa era boa, e pouco a pouco, cada ano, vai mellorando. Pouco teño que decirlle, porque é moi boa.

 

¿A quen espera e desexa ver este ano na liña da saída para loitar pola victoria?

Gustaríame ver os mellores galegos e comprobar se son capaz de conseguir batilos. Pedro Nimo, que recentemente ven de gañar a medalla de prata no Europeo co equipo español de maratón, non sei se estará recuperado do esforzo, e tamén Alejandro Fernández que está a preparar o maratón de Valencia, serían os compañeiros que desexaría atoparme na saída.

 

O slogan deste ano é “ven facer a túa Mellor Marca Persoal ao MMP”, vostede ven con esa intención?

Eu xa estou na fase final da miña carreira, na dulce retirada, e non teño o nivel dos meus mellores anos. Pero sí penso que podo facer un bo rexistro, entorno a sesenta e seis minutos.

 

O Medio Maratón, como se celebra en outubro, é unha boa imaxe para ver como de preparado está un de cara á nova tempada. Despois deste tempo no que as lesións non pareceron deixado tranquilo, como cre que se pode presentar este novo ano atlético?

Como digo, xa estou na campaña da miña despedida do alto nivel. Son adestrador dun grupo estupendo de xoves atletas e teño outros proxectos que me impiden adestrar a alto nivel, polo que o obxectivo fundamental vai ser estar dispoñible para axudar a Ximnástica a manterse un ano máis na División de Honra do atletismo español.

 

Que mensaxe lle daría a xente para que se animase a apuntarse a este evento?

Pois que é un medio maratón moi ben organizado, cun circuito rápido e moi vistoso ó percorrer gran parte polo casco histórico da cidade. Seguro que quen veña quedará moi ledo e repetirá sen dudalo.

 

Manuel Hurtado chegando primeiro á meta en 2013 | Foto de archivo