COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK COOKIE_INFO_PARA

Inicios do Medio Maratón de Pontevedra

Nov 10, 2018

O Medio Maratón de Pontevedra remóntase ao ano 1977, o que o convirte nunha das carreiras con máis antigüedade en Galicia. 

A Carreira de Gran Fondo comezou a celebrarse en 1977, aproveitando o 50 aniversario da fundación da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que se remonta ao 2 de septembro de 1927 da man de 28 pontevedreses, capitaneados por Joaquín González. Esta competición, ao principio, foi tamén Campionato Galego de Gran Fondo. A súa celebración continuou ata 1991 e se disputaron un total de trece edicións.

Ao principio, non se corrían os 21 quilómetros, senón que se facían 20. A Sociedad Gimnástica de Pontevedra, principal clube de atletismo da cidade de Pontevedra, organizou a carreira de "Gran Fondo" durante varios anos. Esta carrera tiña unha distancia de 20 quilómetros e facíase nun circuito de cinco quilómetros pola cidade do Teucro, con saída e chegada na Avenida de Montero Ríos, situada na Alameda. A Avenida de Montero Ríos, por aquel entonces, era o lugar habitual onde se celebraban os eventos e competicións deportivas organizadas pola Deputación, especialmente se se trataba de días de festas.

Posteriormente, e debido á popularización da distancia de medio maratón (21.097,5 metros), aceptouse esta distancia. Para propiciar a consecución de grandes marcas e, por tanto, atraer a máis corredores, transladouse o recorrido. O novo circuito consistiría en ir ata o Concello de Marín pola avenida de doble carril de Pontevedra - Marín.