COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK COOKIE_INFO_PARA

A volta despois do parón

Dec 01, 2018

Dende o 2000 ata o 2002 houbo un parón na celebración do Medio Maratón de Pontevedra debido ás obras en Estribela. Despois destes tres anos nos que non se celebrou esta carreira, volveuse organizar o Medio Maratón de Pontevedra.

 

En 2003 recuperouse o antigo circuito de ir ata Marín e volver. A saída situouse no Mirador de Monteporreiro, dábase a volta na Farola en Marín e volvíase a Pontevedra. A meta volveu a súa ubicación tradicional no Estadio da Xuventude. Este recorrido volveuse homologar pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).

 

Ademais de cambios no circuito, tamén se moveu o evento no calendario. A data oficial da proba pasa a ser a comezos de outubro. O obxectivo desta modificación era que non coincidira con outros medios maratóns ou probas cunha distancia similar que se celebran na comunidade gallega, como é o caso da Vig-Bay, datada arredor do mes de abril.

 

Nesa volta do Medio Maratón participaron 193 atletas. A pesar do baixo número supuxo o récord de participación ata ese momento. O gañador desa edición foi o atleta vigués olímpico en Barcelona ‘92 nos 5000ml, José Carlos Adán Arias na categoría masculina. Este corredor parou o crono en 1h07’45’’. Na feminina a gañadora foi a atleta fondista de gran relevancia a nivel autonómico e nacional, Águeda Blanco Pérez con 1h26’10’’.