Out 16, 2018
PAULA MAYOBRE GONZÁLEZ é, actualmente, unha das mellores fondistas galegas. Ten unha larga trayectoria na distancia dos 21km. De feito, é a actual campioa galega de medio maratón.
A unha semana da proba, Paula Mayobre contestou a estas preguntas:
Por que se decantou este ano para correr de novo o Medio Maratón de Pontevedra?
Corrín este Medio Maratón no ano 2016 e me encantou. O ano pasado por problemas físicos non puiden repetir e este ano nin o pensei.
Gañou no 2016 ¿en busca de seguir ampliando o palmarés?
Evidentemente, sempre que vou a unha carreira vou coa intención de facer un bo papel. Intentarei estar no máis alto do podium e poder seguir sumando victorias en Pontevedra.
É una das mellores atletas galegas nesta distancia, cre que iso a convirte en favorita?
Non me gusta a palabra favorita. Son consciente de que a día de hoxe en Galicia son unha das mellores fondistas, pero tamén son consciente de que cada carreira é un mundo, poden pasar un montón de cousas en 21 kilómetros e o que importa é o resultado na meta. Por iso favorita para nada, todas temos a mesma importancia.
Respecto ás edicións pasadas, que consello lle daría á organización para que o teña en conta para este año?
Só corrín no ano 2016 e, a verdade, e que non tiven ningunha pega. A organización foi moi boa.
¿A quen espera e desexa ver este ano na liña da saída para loitar pola victoria?
Pois a verdade e que nunca me espero especialmente a ninguén en ningunha saída. Eu sempre vou as carreiras a facer a miña carreira, corra quen corra.
O slogan deste ano é “ven facer a túa Mellor Marca Persoal ao MMP”, vostede ven con esa intención?
Poder facer unha MMP son palabras maiores. No meu caso non vou con esa intención. A tempada aínda se está iniciando e non estou intentando batir a miña marca a estas alturas. Eso sí, recoñezo que o Slogan me encanta, coincidindo coas siglas de Medio Maraton Pontevedra, usar MMP.
O Medio Maratón, como se celebra en outubro, é unha boa imaxe para ver como de preparado está unha de cara á nova tempada. Como cre que se pode presentar este novo ano atlético?
Pois este ano espéroo con moitísima ilusión e probablemente como o ano da miña madurez como atleta. Teño xa 29 anos, cada vez as ideas mais claras, e espero e desexo que saían os obxetivos e, sobre todo, que non volvan os problemas físicos destes anos atrás.
Que mensaxe lle daría a xente para que se animase a apuntarse a este evento?
Considero este Medio Maratón como un dos mellor organizados que corrín nunca. O circuito é moi bonito, combinando o paseo do Lérez co paso polo centro histórico e, como non, a meta dentro do Estadio de Atletismo.
Cada vez, se fai en menos sitios o de entrar no Estadio para finalizar a proba e eu considero que é un plus para todo corredor poder finalizar dentro do Estadio.
Tamén me parece moi divertida, xa que van Batallones de Mariña, que están estudiando en Marín cantando durante a proba, e fai a proba mais levadeira e divertida.
Paula Mayobre chegando á meta en 2016 | Foto de archivo