1994 - 2002

Nov 24, 2018

Dende 1994 a 1999 sucedéronse unha serie de cambios no Medio Maratón de Pontevedra como pequenas modificacións no recorrido, translado da ubicación da meta, movementos na data de celebración... Esto produciuse ata o ano 2000. 

 

Na terceira edición do Medio Maratón de Pontevedra, en 1994, cambiouse o recorrido. A saída transladouse ao Mirador de Monteporreiro. Para completar o circuito, os corredores tiñan que dar a volta na Farola de Marín, ao lado da entrada da Escola Naval Militar. Terminaban no Estadio da Xuventude (actual Centro Galego de Tecnificación Deportiva), onde estaba situada a meta.

 

Ese ano os gañadores foron Fausto Hernanz Moral en homes con 1h 03’12’’ e Alcira Lario en mulleres con 1h 20’. Esta atleta conseguiría subir ao máis alto do podium por segunda vez consecutiva.

 

En 1996 venceron o olímpico Elisardo de la Torre Allariz con 1h 05’ 37’’ en categoría masculina e a fondista internacional Soledad Castro con 1h 16’ 03’’ en categoría feminina.

 

Ao ano seguinte Fausto Hernanz volveu repetir o primeiro posto parando o crono en 1h 05’ 55’’ e en mujeres lle tocaría á tamén fondista internacional Esther Pedrosa estrenarse como vencedora do Medio Maratón de Pontevedra con 1h 15’ 45’’.

 

Durante as seguintes edicións non se produxeron cambios ata o ano 1998. As obras no Estadio da Xuventude obrigaron a cambiar a meta. A súa nova ubicación sería a rúa Celso Emilio Ferreiro, en frente ao CEIP A Xunqueira I. Os primeiros en entrar neste novo lugar de chegada serían Alberto Álvarez (1h 04’ 51’’) e María Vicente Santiago (1h 23’36’’).

 

O ano 1999 foi un ano de cambios para a organización deste Medio Maratón. En primeiro lugar, cámbiase a data de celebración do mes de marzo a xuño. O motivo é que se modificou a lexislación, por tanto, non se permitía que as probas deportivas en carreteras nacionais coincidisen coas festividades nacionais. Neste caso coincidía coa Semana Santa.

 

Coa nova data, tamén chegou o primeiro reconto de inscritos. En 1999 participaron 128 corredores. De entre todos eles destacaron José Ramón Rey, primeiro clasificado en categoría masculina e Marga Urbano na feminina.

 

Posteriormente, no ano 2000, iniciáronse as obras na zona de Placeres, en Estribela, polo que durante tres anos (2000, 2001, 2002) se suspendeu a proba á espera da finalización destas obras.