En 2005, o Medio Maratón de Pontevedra empeza a posicionarse como unha data clave

Xul 17, 2019

A X edición, celebrada o 2 de outubro de 2005, supuxo a máxima participación de todas as edicións.

 

A X edición, celebrada o 2 de outubro de 2005, supuxo a máxima participación de todas as edicións. Houbo 469 inscritos, dos que 451 estaban situados na liña de saída o día da proba. De estes, 419 chegaron á meta. O aumento de participantes é moi claro respecto a anteriores edicións, o que significa que o Medio Maratón de Pontevedra empezouse a posicionar como unha data clave no calendario de moitos corredores.

 

Os vencedores da proba foron Pedro Nimo del Oro con 01:06.11 e Patricia Pereira, atleta portuguesa, con 1h19.08.

 

A proba desenvolveuse pola mañán, cun ceo despexado, pero cun forte vento que martirizou aos corredores na vuelta de Marín. Como anécdota importante do día, hai que destacar a caída do arco de meta, polo forte vento. Afortunadamente este accidente produciuse unha vez que xa finalizaran todos os corredores a proba, polo que non houbo ningún ferido.

 

Todos los resultados de la X Edición del Medio Maratón de Pontevedra, celebrado el 2 de octubre de 2005.