Superada a barreira dos 500 inscritos

Xul 19, 2019

En 2006 aumentou considerablemente o número de inscritos con 668.

 

En 2006 celebrouse a XI Edición. Representou un gran impulso para a popularización da prueba, xa que contou con 668 inscritos. De estes, 574 presentáronse o día da proba e chegaron á meta 536 corredores. Ademais, hai que destacar a participación feminina con 34 mulleres inscritas, das que tan so catro non recollieron o seu dorsal. Esto supuxo a maior participación de mulleres da carreira. Polo tanto, o medio maratón en número de inscritos deu un gran salto ao superar a barreira dos 500 participantes.

 

O tempo acompañou aos corredores. A choiva non fixo acto de presencia durante a mañá e houbo pouco vento que non castigou aos participantes.

 

Nesta edición contouse coa axuda da BRILAT. Colaboraron no desenvolvemento da proba prestando axuda en toda a loxística, cortaron o tráfico, ofreceron aprovisionamento aos corredores… O circuito cambiou un pouco respecto ás anteriores edicións. A saída non se realizou na Avenida do Mirador, senón que se levou a una rúa anexa, a Rúa Dinamarca. Esta saída tíñase preparada cando se mediu o recorrido, polo que os rexistros son oficiais e o circuito estaba perfectamente homologado.

 

Os gañadores desta edición foron o atleta local Elías Domínguez, cun rexistro de 01:06.38 e en mulleres a corredora portuguesa Claudia Pereira, quen fixo un tempo de 01:18.12.

 

Todos os resultados da XI Edición do Medio Maratón de Pontevedra, celebrado o 1 de outubro de 2006.