O Medio Maratón de Pontevedra segue progresando

Xul 22, 2019

Na XII Edición, celebrada o 7 de outubro de 2007, inscrbíronse 647 corredores. Destes colleron o dorsal 533 e chegaron á línea da meta 527. Ademais, inscribíronse 39 mulleres, das que 28 acabaron a proba.

 

O tempo, igual que na anterior edición, acompañou. A saída efectuouse na rúa Dinamarca, no Mirador de Monteporreiro e a chegada situábase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD). Volveuse a contar coa colaboración da BRILAT, que foi moi importante para facilitar e mellorar o desenvolvemento da proba.

 

Como dato importante, por primeira vez, conseguiuse pechar o tráfico en todo o percorrido, coa excepción do Concello de Marín, onde a Policía Local non colaborou.

 

Os gañadores da edición foron Pedro Nimo cun rexistro de 01:06.08 e Filomena Costa con 01:18.33.

 

Máis información da XII Edición do Medio Maratón de Pontevedra, celebrado o 7 de ootubro de 2007.

 

Todos os resultados da XII Edición do Medio Maratón de Pontevedra