O Medio Maratón desarróllase integramente na cidade de Pontevedra

Ago 10, 2019

Tras desacordos en 2008 por cambialo circuito que imposibilitaron a realización dla proba, en 2009 consiguiuse cambiar o percorrido e facelo integramente pola cidade de Pontevedra. A este circuito, os corredores daban dúas voltas. A saída realizábase na rúa José Malvar Figueroa, ao lado do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) e a meta estaba situada no propio CGTD.

 

Inscribírronse 628 corredores, dos que recolleron o dorsal 586 e completaron a carreira 535. Batiuse o récord de participación feminina con 33 mulleres que completaron el percorrido, de 42 inscritas.

 

Por primeira vez, marcáronse cun cartel cada kilómetro. A entrega de trofeos efectuuse no Pavillón do CGTD. Os gañadores absolutos foron os atletas portugueses Nuno Costa con 1:06.48 e Filomena Costa cun rexistro de 1:14.37. Esta última subiría ao máis alto del pódium por segunda vez consecutiva.

 

Todos los resultados de la XIV Edición del Medio Maratón de Pontevedra