Seguimos batindo records

Ago 12, 2019

En 2010 a carreira celebrouse o 24 de outubro, así que esta edición e a anterior coincidiron na mesma temporada atlética: 2009/2010.

Mantìvose a mesma estructura da última edición con carteis en cada punto kilométrico. A entrega de dorsais, o día anterior da proba, ampliouse ao sábado pola tarde e fíxose no CGTD de Pontevedra. Contouse coa colaboración do Grupo de Voluntarios do Concello de Pontevedra. Á cabeza da carreira e ao final iban dúas persoas en bicicleta cun gran globo de helio, cada un, de cor laranxa.

Batiuse o record de inscritos con 859 dos 793 que tomaron a saída. Colocáronse alfombrillas de control de tempo na propia saída e no kilómetro dez. O tempo acompañou, polo que as marcas foron mellores que as do ano pasado.

Os gañadores repetiron pódium respecto ao ano anterior. Nuno Costa con 1:06.19 en categoría masculina e Filomena Costa en categoría feminina. Esta, ademais de repetir pódium (terceira vez consecutiva) conseguiría parar o crono no mesmo rexistro que o ano anterior: 1:14.37. Este tempo é a mellor marca conseguida ata o momento.

Todos os resultados da XV Edición do Medio Maratón de Pontevedra.