Superada a barreira dos 1000 inscritos

Ago 12, 2019

En 2011, a carreira celebrouse o 23 de outubro. Houbo un tempo moi malo con choiva e vento na saída e durante a carreira, que dificultou as boas marcas.

 

Mantívose a mesma estructura de apoio humano que na edición anterior (voluntarios do Concello, da Brilat e do clube). Baixáronse os premios en metálico, pero creouse un premio en metálico aos tres primeiros corredores locaies, tanto en categoría masculina como en feminina.

 

Houbo doble record de participación. 1198 inscritos, dos que 1106 terminaron a carreira. Esto supuxo superar a difícil barreira dos 1000 corredores. Ademais, tamén houbo récord feminino, xa que chegaron á meta 56 mulleres.

 

Os gañadores desta XVI Edición foron Hassan Lekhili con 1:09:14 e Yolanda Gutiérrez con 1:20:35.

Todos os resultados da XVI Edición do Medio Maratón de Pontevedra 2011.