Ago 14, 2019
A XVII edición celebrouse o 21 de outubro de 2012. Nesa edición incorporamos innovaciones que resultaron moi positivas para os corredores. A primeira foi a instauración dun servizo de autobús para recoller corredores de A Coruña e Santiago de Compostela; a segunda foi a incorporación dos globos guía. Estes son diferentes corredores que se colocan ao longo da carreira e marcan un ritmo determinado. Esta idea gustou moito, xa que axuda e facilita aos diferentes atletas a conseguir os seus obxectivos de rexistro.
No tema de participación, a proba seguió ascendendo en número. Nesa edición inscribíronse 1349 persoas, das que 1244 se colocaron na líña de saída.
Un dos aspectos negativos desa edición foi que empezou a fraguarse o problema entre o Concello de Pontevedra e a Federación Gallega de Atletismo, polos pagos do Campeonato de España de marcha en ruta, celebrado en marzo dese mesmo ano, que se disputou en Pontevedra. Por esto a FGA baraxou a idea de quitar a proba do almanaque, feito que finalmente non se produceu, aínda que a factura dos xuíes foi anormalmente elevada.
Os gañadores absolutos da XVII edición foron Manuel Hurtado con 1:07:27 e Águeda Ofelia Blanco con 1:21:52. Esta sería a primeira vez que Hurtado conseguiría subirse ao pódium, pero non a última, xa que é o atleta que máis veces se subiu ao máis alto do pódium da historia do Medio Maratón de Pontevedra.
Todos os resultados da XVII Edición do Medio Maratón de Pontevedra 2012