En 2013 chega a categoría por equipos

Ago 16, 2019

En 2013 a proba non se puxo no calendario federativo, debido ao conflicto entre o Concello de Pontevedra e la Federación da pasada edición. Según a Federación Galega de Atletismo, o Concello lle debe diñeiro pola organización do Campionato de España de Marcha en Ruta. Esta débeda non permite ao Concello de Pontevedra, que é organizador da carreira conxuntamente coa Sociedad Gimnástica, poder incluir a proba no calendario federativo.

 

Ese ano houbo dúas grandes innovacións. A primeira é que se creou unha nova categoría por equipos, a de mixto 3. Estaba formado por tres corredores de diferente sexo. A suma dos tempos dos tres utilízase para facer a clasificación. A segunda novidade é que se introduxo a modalidade de janbak ou sillas de rodas adaptadas. Levan con catro rodas e o corredor vai tumbado, impulsándose cun mecanismo de pedais que move coas mans.

 

Creouse o caixón preferente no que se delimitou a zona dianteira da saída para colocar en primera liña de saída aos corredores con mellores marcas. Realizouse unha pequena modificación no percorrido. O xiro que se efectúa no campus universitario non se fai de 180º senón que se utiliza unha zona de aparcamento anexa para que vaian por aí. Polo tanto, a media volta realízase nun círculo amplio; polo que o punto de saída da carreira adiantouse 67 metros e la meta 30 metros.

 

Ese ano o Concello de Pontevedra, creou un Circuito de Carreras Populares (CCCP – Circuito de Carreiras Populares del Concello de Pontevedra) e o Medio Maratón incorporouse no mismo, sendo a última proba e puntuando doble.


Inscribíronse 1533 persoas, das que 1383 recolleron o su dorsal. Os gañadores foron Manuel Hurtado por segunda vez consecutiva cun rexistro de 1:07:10 e Yolanda Guitiérrez con 1:18:41.

 

Todos os resultados da XVIII Edición do Medio Maratón de Pontevedra 2013