En 2014 houbo cambio de circuito

Ago 17, 2019

En 2014 na XIX Edición do Medio Maratón de Pontevedra cambiouse o circuito. Eliminouse a zona do Campus Universitario e, para compensar, levouse a carreira ata as Corvaceiras, ao lado da Praza do Gremio de Mareantes.

 

A saída moveuse da Rúa Malvar e Figeroa á Ponte dos Tirantes, que sería a nova ubicación.

 

Igual que o ano anterior, existiu o Circuito de Carreras Populares do Concello de Pontevedra (CCCP). Como o Medio Maratón formou parte, todos aqueles corredores que se anotaron ao Circuito, automaticamente tamén estaban inscritos no Medio Maratón. Esto fixo que aumentaran os participantes, chegando a 1636, dos que 1443 recolleron o seu dorsal.

 

Os gañadores desa edición foron dous atletas pontevedreses. Robertas Geralavicius que competía coa propia Sociedad Gimnástica de Pontevedra cun tempo de 1:07:25; e Leticia Fernández con 1:20:17.

 

Todos os resultados da XIX Edición do Medio Maratón de Pontevedra 2014