Ago 22, 2019
En 2016, igual que na primeira edición en 1992, o Medio Maratón de Pontevedra volveu a acoller o Campionato Galego da distancia, aínda que se separaron ambas probas. Esto supuxo que aqueles atletas federados que se inscribiron no Campionato Galego, puideron correr a proba autonómica sen necesidade de inscribirse na carreira popular. Polo tanto, os que se inscribiron soamente no Campionato Galego non optaban aos premios en metálico do Medio Maratón.
Esta situación ocurreu co gañador masculino. O primeiro en cruzar a liña de meta foi Pedro Nimo (1:08:31), pero como só se inscribiu no Campionato Galego (quixo facelo tamén na proba popular, pero xa se cerrara o proceso de inscrición), o segundo clasificado da carreira, Iván Docampo (1:11:17) da Sociedad Gimnástica de Pontevedra foi o gañador da XXI Edición do Medio Maratón de Pontevedra. Na categoría feminina, Paula Mayobre levaríase a victoria nas dúas probas cun rexistro de 1:18:01.
Ao organizar conxuntamente o Campionato Galego e o Medio Maratón beneficiou ao aumento do número de corredores. Inscribíronse 1987 atletas, pero recolleron o dorsal 1726.
Mantívose o circuito da pasada edición de 2015, coa variación do último kilómetro, para que a meta volvese a efectuarse na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Todos os resultados da XXI Edición do Medio Maratón de Pontevedra 2016
Vídeo da chegada da XXI Edición del Medio Maratón de Pontevedra 2016: