Ago 26, 2019
En 2017 na XXII Edición do Medio Maratón de Pontevedra houbo unha baixada de participación respecto a anos anteriores. Na liña de saída situáronse 1193 atletas.
O circuito era o mesmo que o das últimas edicións. Con saída na Ponte dos Tirantes e a chegada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).
Os gañadores foron Manuel Guerreiro, quen nun final moi disputado conseguiu chegar primeiro á meta parando o cronómetro en 01:08:30; e Leticia Fernández con 01:21:19. Esta atleta conseguiría a súa terceira victoria na historia desta proba.
Todos os resultados da XXII Edición do Medio Maratón de Pontevedra 2017