Inscricións no Medio Maratón 2020

Out 07, 2020

O Medio Maratón de Pontevedra 2020 xa é unha realidade. Este evento adaptarase á nova realidade post cuarentena e cumprirá as medidas sanitarias competentes como se pode comprobar no seu protocoloAs inscricións realízanse en dúas tandas. A primeira vai dende o 6 de outubro ata o día 7 ás 23:59h para os empadroados en Pontevedra ou para os atletas federados/as nun clube do Concello pontevedrés.

A segunda tanda comenzará a partir das 15:00h do día 8 e durará ata ás 23:59h do 11 de outubro para calquera persoa interesada, independentemente do empadroamento.

As inscricións poden realizarse a través do seguinte ligazón.