Inscricións no XXXIX Gran Fondo Caixabank – XXVI Medio Maratón – II 10km

Set 11, 2021

As inscricións para o XXXIX Gran Fondo Caixabank – XXVI Medio Maratón – II 10km, que se celebrará o 17 de outubro na cidade de Pontevedra, estarán dispoñibles desde ás 00:01h do luns ata as 23:59h do 8 de outubro; sen dar a posibilidade de que se inscriba alguén fóra de prazo, como indica el regulamento  da proba.

Os corredores que queiran participar terán dous prazos para anotarse, encarecendo en 5€ a inscrición se se realiza no segundo prazo.

A partir das 00:01h do luns 13 de setembro ata a 23:59h do 30 de setembro durará a primeira quenda de inscricións. Aquí o prezo será de 20€ para o medio maratón e 10€ para os que queiran correr os 10km. 

O segundo prazo abre o 1 de outubro ás 00:01h e pecha o 8 de outubro ás 23:59h, a non ser que as prazas se completasen antes e non haxa ocos baleiros. Neste caso, o prezo da inscrición do medio maratón costaría 25€ e a dos 10km sería de 15€.

En total, hai 600 pazas para a distancia do medio maratón e 400 para os 10km. 

As anotacións son persoais e intransferibles. Non se devolverá o importe da inscrición, excepto que se xustifique unha baixa médica e se envíe a info@sgpontevedra.com antes das 23:59h do 15 de outubro.

Tamén se devolverá o prezo de participación ás persoas que se anoten como desempregados tan so se a inscrición se realiza durante o primeiro prazo, independentemente das distancias. A persoa solicitante terá que aportar un “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (DARDE) dun Servicio Público de Emprego. O escrito terá que estar en vigor e tense que presentar cando recolla o dorsal.