949 atletas inscritos cun aforo completo no medio maratón

Out 09, 2021

O número total de anotados para o Gran Fondo CaixaBank de Pontevedra 2021 é de 949. Destos, 600 pertencen á distancia do medio maratón e os 349 restantes son dos 10km.

Na proba dos 21,097km, por tanto, conseguiuse o aforo completo. Enchéronse todas as prazas cando aínda quedaban dúas horas para que terminase o prazo de inscrición. Na distancia corta, porén, quedaron 51 ocos sen cubrir. A pesar de isto último, son uns resultados moi positivos.

Os case 950 inscritos son, na súa maioría, homes. Concretamente, 807 son varóns, o que equivale ao 85% do total. O 15% restante corresponde á porcentaxe de mulleres que alcanzan a cifra de 142.

Se organizamos aos anotados por zona territorial, Pontevedra segue sendo a provincia que manda no domicilio dos nosos corredores con mais da metade dos atletas inscritos; concretamente un 54% do total, é dicir, 512. As demais provincias de Galicia repártense case a totalidade dos restantes anotados.

A Coruña é a seguinte provincia que mais inscritos aporta, cun total de 249. Séguenlle Ourense con 81 e Lugo con 60. Do resto de España, fóra da comunidade autónoma de Galicia, inscribíronse para o Gran Fondo CaixaBank un total de 47 persoas.

Unha vez pechadas as inscricións, dende o 13 ata o 16 de outubro entregaranse os dorsais. Pódense recoller en distintas ubicacións. Se a persoa é de Pontevedra terá que ir á Tenda Miler Vintage Running Club, na Rúa Peregrina, 6, soto. Se non son pontevedreses, poderán ir a calquera tenda Decathlon de Galicia, que son os puntos que habilita a empresa Champion Chip Norte para a recollida dos números identificativos. Por último, as personas que solicitaron que lles enviemos o dorsal aos seus domicilios, recibirano nos próximos días.

O Gran Fondo CaixaBank celebrarase o domingo, 17 de outubro. Ás 10:00h será a saída da versión corta, dos 10km, e media hora mais tarde empezará o Medio Maratón.