Out 15, 2021
Boas.
Se está recibindo este correo é porque o próximo domingo, 17 de outubro vai participar no Gran Fondo CaixaBank.
Este vai ser o primeiro evento de Galicia no que se cumpra o novo protocolo, no que as saídas se farán en grupos de 100 cada dous minutos. Para iso, haberá diferentes horarios ordenados segundo as marcas que puxestes na inscrición.
Haberá en total 10 quendas de saídas. Lembramos que as persoas que NON se presenten na zona de presaída na hora correcta NON poderán participar e que hai que presentarse coa MÁSCARA DE CARA.
Organización dos 10km:
1. Primeira quenda à Dorsais dende o 601 ata o 700.
2. Segunda quenda à Dorsais dende o 701 ata o 800.
3. Terceira quenda à Dorsais dende o 801-900
4. Cuarta quenda à Dorsais dende o 901 ata o 1000
Organización do medio maratón:
5. Quinta quenda à Dorsais dende o 1 ata o 100
6. Sexta quenda à Dorsais dende o 101 ata o 200
7. Sétima quenda à Dorsais dende o 201 ata o 300
8. Oitava quenda à Dorsais dende o 301 ata o 400
9. Novena quenda à Dorsais dende o 401 ata o 500
10. Décima quenda à Dorsais dende o 501 ata o 600
Poden encontrar máis información no noso regulamento.
Tamén aproveitamos para lembrar a obrigatoriedade de presentar o certificado conforme deu negativo nunha PCR ou proba de antíxenos.
Un saúdo,
O equipo do Gran Fondo CaixaBank.
- Infografía con todos os pasos que hai que seguir o 17 de outubro