A cuarta de Hurtado e a segunda consecutiva de Brea

Out 24, 2021

Éxito absoluto no Gran Fondo CaixaBank 2021 con triunfos de Manuel Hurtado e Edymar Brea na distancia do medio maratón e Carlos Porto e Ángeles Castro nos 10km. Ademais, a organización foi excelente e cumpriuse todo o esperado.  

Carlos Porto revalida título

A segunda edición dos 10k empezou ás 10 da mañá cando a presidenta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Charo Castro deu o pistoletazo de salida á carreira corta do Gran Fondo CaixaBank. Unha proba que foi dirixida dende oprincipio por dous atletas do club organizador, Carlos Porto Adrián Lago

Carlos Porto chegou á meta nun tiempo de 31:44 e case un minuto despois chegaría o seu compañeiro de entrenamientos e de club, Adrián Lago cun rexistro de 32:27. Completaría o pódium Víctor Hugo Pacheco con 33:41. 

Na categoría femenina dos 10km, Ángeles Castro fíxose co ouro completando a carreira nun tempo de 41:02. Pero a gañadora tívoo difícil xa que o resultado femenino decidiuse na última vuelta á pista do CGTD de Pontevedra. De feito, tan so lle quitou cinco segundos a Cora Saburido (prata) e Andrea Iglesias (bronce), a segunda e a la tercera clasificadas, respectivamente, cun rexistro de 41:07.

Hurtado e Brea, os protagonistas

Ás 10:30h o alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, daba a primeira salida dos 21,097km.

Desde o pistoletazo de salida, Manuel Hurtado foi controlando a carreira e progresivamente foi gañando distancia sobre o seus rivais. O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra tiña ganas de gañar por cuarta vez esta prueba e, tras varios intentos, ao fin conseguiuno. Ademais, este triunfo foi especial para el porque é a primeira vez que conseguiu o triunfo desde que fichou pola entidade organizadora. 

Hurtado foi intratable durante a carreira e o seu ritmo foi imposible de seguir para Carlos Villamor, segundo, que chegou á meta nun tempo de 1:09.37; e para Álvaro Prieto, que parou o cronómetro en 1:09.57, e que chegou terceiro.

Edymar Brea repitiu triunfo na categoría femenina cun tempo de 01:17:48 e con moita solvencia sobre os seus rivais. No pódium acompañáronlle Ángela Rodríguez (01:30:20) e Sonia Teijeiro (01:30:27).

Outros resultados

Ademais dos resultados absolutos, tamén se repartiron trofeos aos primeiros clasificados de categoría máster, en distintas idades. Estes galardóns entregábanse sen repetir premiados, de tal forma que, se algún dos agraciados xa subira ao pódium na categoría absoluta, non volvía a subirse.

O gañador en categoría de maiores de 40 foi Jordi Carrasco e en féminas o triunfo foi para Mercedes Paz. En mayores de 50 gañaron Santiago Falcón e Manuela Rodríguez. Nas dúas últimas categorías, maiores de 60 e 70 non houbo premiación femenina porque non houbo participantes. Os gañadores foron José Benito Gómez e José Luis Padín.