Abertas as inscricións para o Gran Fondo Caixabank 2022

Set 15, 2022

O XL Gran Fondo Caixabank - XXVII Medio Maratón - III 10km celebrarase o domingo, 16 de outubro a partir das 10:30h en Pontevedra. Este ano tamén será Campionato Galego de medio maratón, será a súa trixésima edición.

 

Inscricións

As inscricións están abertas ata o 9 de outubro ás 23:59h en dous prazos:

  • Ata ás 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida” de 20 € para o medio maratón e 10€ para o 10K.
  • Dende o 1 de outubro e ata o remate das prazas ou do prazo de inscrición e na que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 25 € no medio maratón e 15€ para o 10K.

Este ano hai dúas promocións para poder ter insricións gratuitas:

  • Os/As participantes no medio maratón das edicións 2020 e 2021 (ambas incluidas) terán a inscrición gratuita neste ano na distancia do medio maratón.
  • Coa compra igual ou superior a 125€ na tenda Miler Vintage Running Club na rúa Peregrina nº6 soto, en Pontevedra; conseguirás a inscrición gratuíta no Medio Maratón. Promoción válida ata 30 de setembro 2022.

Os/As participantes que so queiran participar no Campionato Galego de medio maratón, non optarán aos premios nin a bolsa do corredor do evento popular.

 

Circuito

O percorrido é homologado para as dúas distancias. No medio maratón daranse dúas voltas e nos 10km tan so unha. A saída será dende a Ponte dos Tirantes e a meta na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. 

Este ano tamén se recupera a quedada para realizar o recoñecemento do circuito. Será o venres 14 de outubro ás 20:30h dende o CGTD de Pontevedra.

 

Premios

Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuais da categoría absoluta masculina e feminina do medio maratón e dos 10km. Ademais, no medio maratón haberá medallas para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres das categorías:

  1. Máster 1 → Maiores de 35
  2. Máster 2 → Maiores de 45
  3. Máster 3 → Maiores de 55
  4. Máster 4 → Maiores de 65

Tamén haberá premios en metálico para a categoría absoluta do medio maratón:

  1. Primeiro/a clasificado/a: 300€
  2. Segundo/a clasificado/a: 200€
  3. Terceiro/a clasificado/a: 100€

O/A primeiro/a deportista local en categoría masculina e feminina recibirá un premio en metálico de 100€.