Servizos que se ofertan no Gran Fondo Caixabank

Set 23, 2022

O XL Gran Fondo Caixabank celebrase o 16 de outubro. As inscricións xa están abertas ata o 9 de outubro. Os atletas que participen neste evento poderán disfrutar destos servizos de xeito gratuito:

  • Circuitos homologados: Tanto o percorrido do medio maratón como dos 10km están homologados. Ambos saen da Ponte das Correntes e chegan ao CGTD de Pontevedra. Na distancia curta darase unha volta a este percorrido, mentres que na longa serán dúas.
  • Lebres na carreira: haberá lebres no medio maratón que intentarán rematar a proba nos seguintes tempos: 01:35.00 / 01:40.00 / 01:45.00 / 01:50.00 / 02:00.00. Calquera persoa se pode unir ás distintas lebres. Levarán bandeirolas visibles.
  • Medalla finisher: ao rematar a proba do medio maratón entregarase unha medalla para todos os atletas que crucen a liña de meta.
  • Fisioterapeutas: estudantes do Grao de Fisioterapia da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra, darán sesións de xeito gratuito aos atletas que o requiran ao terminar a proba
  • Garderías para nenos/as: disporase dun espazo de gardería para os nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos. Estarán coidados por monitores titulados. O horario será de 09:00h a 14:00h. Os titores que queiran deixar os seus rapaces teñen que cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdWFAjbyA60KO43fzDyJbj8rY_07pKvsEBsISBDdgEzzi4tWA/viewform
  • Cervexa e bica ao rematar: a proba finalizará cunha pequena festa na que se repartirá cervexa e bica, mentres soará música.
  • Vestiarios, duchas e gardarroupa: retómase o servizo de vestiarios e duchas no Pavillón Universitario. Tamén haberá espazo de gardarroupa para deixar as prendas antes de saír a correr.
  • WC: cuartos de baños accesibles para os corredores cerca da liña de saída, situaranse nas inmediacións da Ponte dos Tirantes.
  • Bolsa do corredor: a bolsa do corredor recóllese ao terminar a carreira.
  • Camiseta conmemorativa: todos os inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa que se entregará cando se recollan os dorsais. Cada atleta elixirá a súa talla previamente na inscrición.
  • Servizos sanitarios: todos os atletas participantes estarán cubertos cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes Deportivos. Haberá dúas ambulancias e dous médicos/as para a atención; ademais dos fisioterapeutas xa comentados. Tamén contaremos cun desfribilador (DESA) na carreira, que será portado por dous ciclistas.
  • Avituallamento: haberá diversos puntos de avituallamento durante a carreira e ao cruzar a liña de meta, onde tamén se entregarán produtos alimenticios, como froita.
  • Multimedia: os atletas poderán descargar fotografías gratis dende a nosa páxina de Facebook. Tamén haberá un vídeo resumen de toda a proba.
  • Música: Colocarase diferentes puntos de música durante todo o percorrido para animar aos atletas. Haberá un grupo de música, dous DJ’s, tres charangas e dous altofalantes con música.