Set 30, 2022
Queda un día para o peche de inscricións do primeiro prazo e o Gran Fondo Caixabank leva máis de 430 inscritos. Supéranse os 300 no medio maratón e case 150 nos 10km.
O primeiro prazo de inscricións pecha o 30 de setembro ás 23:59h. Nel o custo da inscrición é de 20€ para a longa distancia e de 10€ para a curta. A partir desa data e ata o 9 de outubro, o prezo por anotarse será de 5€ máis caro en cada proba.
Este ano tamén como novidade haberá unha proba con carácter participativo para os máis pequenos. O pistoletazo de saída soará antes das probas dos adultos e haberá dúas categorías:
Os titores que queiran anotar aos rapaces pódeno facer na páxina web do Gran Fondo Caixabank. A inscrición custa 1€ e co recadado sortearase vales en material deportivo entre todos os participantes.
É un servizo máis que ofrece a XL edición do Gran Fondo, un evento que nin parou nos anos da pandemia e se adaptou ás circunstancias. Este ano, xa coa normalidade recuperada e sen máscaras de cara, retoma servizos básicos e que marcan a diferenza respecto a outras probas de nivel autonómico e, incluso, nacional.
Tamén hai que lembrar que este ano será Campionato Galego de Medio Maratón e os percorridos das dúas distancias de adultos están homologados. Iso si, os participantes que so se inscriban no evento autonómico non poderán optar aos premios e agasallos da proba popular. E, por certo, anotarse no galego non exime da inscrición da proba popular.