Out 10, 2022
O Gran Fondo Caixabank pecha as inscricións con máis de 1000 inscritos. De eses, 572 participantes son do medio maratón e 334 dos 10km. Hai que engadir que hai un total de 165 participantes que so se inscribiron no Campionato Galego de Medio Maratón e non na proba popular. En total, o número de participantes sería de 1.071. A carreira de cativos aínda ten o prazo de inscrición aberto, pero por agora hai máis de 130 nenos e nenas apuntados.
Entre os atletas máis destacados na longa distancia están:
Nos 10km sobresae, sobre todo, Cora Saburido, que quedou segunda o ano pasado nesta distancia.
No Campionato Galego de Medio Maratón por equipos, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, entidade organizadora, opta ao primeiro posto na categoría masculina coas participacións de Manuel Hurtado, Carlos Porto e Manu Lorenzo.
Unha vez finalizado o prazo de inscricións, os atletas poderán retirar os seus dorsais. Será obrigatorio portar o dorsal no peito e ten que estar visible. Non se poderá dobrar nin ocultar. As datas para recoller estas identificacións son do 13 ao 15 de outubro na tenda Miler Vintage Running Club, rúa Peregrina, 6 (soto), en Pontevedra. Poderase recoller durante o horario de apertura do comercio. Este ano tamén recupérase despois dos anos da pandemia a recollida o mesmo día da proba. O 16 de outubro en horario de 08:00h a 10:30h poden coller os seus dorsais so os deportistas que son fóra de Pontevedra. O punto de entrega será o Pavillón Universitario.