Set 26, 2023
Xa son máis de 800 inscritos os que este ano participarán nunha nova edición do Gran Fondo Caixabank. Este evento celebrarase o 15 de outubro a partir das 10:30h. Esta proba deportiva está organizada conxuntamente pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra e polo Concello de Pontevedra.
Concretamente, a proba dos 10km conta con máis de 200 anotados e, no medio maratón, a cifra supera os 550 corredores. Ademáis, a proba dos cativos que se celebra por segundo ano consecutivo ten 23 anotados.
Lembramos que o próximo 30 de setembro remata a inscrición reducida. Ata ás 23:59h dese día, o prezo para anotarse é de 20€ para a distancia longa e de 8€ para a curta. A partir do 1 de outubro e ata ás 23:59h do 8 de outubro, o custo de inscrición aumenta ata os 30€ no medio maratón e os 15€ nos 10km.
A carreira de cativos sempre custa 1€ e os interesados poderanse inscribir ata ás 23:59h do 13 de outubro. Co recaudado coas inscricións dos menores sortearanse vales de material deportivo na Tenda Miler Vintage Running Club.
As inscricións pódense realizar na páxina web do Gran Fondo Caixabank.
Para máis información, consultade o regulamento.