As dúas primeiras edicións do Medio Maratón de Pontevedra

Nov 17, 2018

A primeira edición do Medio Maratón de Pontevedra tivo lugar o 26 de xaneiro de 1992 e a segunda o 3 de abril de 1993

A primeira edición do Medio Maratón de Pontevedra coa distancia oficial de medio maratón (21097 metros) celebrouse o 26 de xaneiro de 1992. Ademais de ser unha das principais competicións da cidade do Lérez, tamén se correspondía co Campionato Galego nesta distancia. Esto xenerou que o recorrido se homologase dende un principio pola Federación.

Dende a primeira edición ata a última, o Medio Maratón de Pontevedra contou cun circuito homologado (exceptuando en 2013 y 2014), o que o convirte nunha das poucas competicións desta distancia que gozan de recoñecemento e aprobación do seu recorrido no panorama nacional.

A segunda edición remóntase ao 3 de abril de 1993. Ese ano os gañadores absolutos da carreira foron o marinense Daniel De La Torre en homes e Alcira Lario en mulleres.

O circuito era similar ao que se celebrara con anterioridade. Unha das poucas diferencias é que nas dúas primeiras edicións (1992 e 1993) a saída e a meta tiñan lugar no Estadio da Xuventude (actual Centro Galego de Tecnificación Deportiva [CGTD]).

Como feito destacable e curioso, ao cheegar a Marín os corredores entraban na Escuela Naval Militar e se lles entregaba un cordel. Os atletas tíñano que colocar a modo de banda para ter constancia de que facían todo o recorrido. Podríase dicir que eran os “chips” de aquela época e con eles controlábase que os deportistas non fixesen trampas.