A chegada do chip electrónico

Xul 17, 2019

No ano 2004 introduciuse o chip electrónico de seguimento dos corredores.

 

Esta nova tecnoloxía fíxose da man de Champion Chip Norte. O chip electrónico é un aparato que leva cada atleta atado a súa zapatilla. Indica o tempo de cada corredor na meta e nos controis que se colocan ao longo do circuito. O obxectivo é facilitar o antes posible o resultado e o tempo de todos os corredores.

 

No 2004 había dous controis no circuito. O primeiro se situábase na Farola de Marín e o segundo na meta no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, nova denominación do que ata entón se chamaba Estadio da Xuventude.

 

Nese ano inscribíronse 312 atletas, polo que o número creceu considerablemente dende a anterior edición na que había 193. Dos atletas inscritos acabaron a proba 261. Os vencedores da IX edición foron Rafael Fuentes Lubiáns, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes cun rexistro de 01:07.32 e Elena del Mar Naveiro Parada, do Comesaña Sporting Club en categoría femenina. Parou o crono en 01:33.42. Nesa edición participaron un total de 14 mulleres.

Todos os resultados da IX Edición do Medio Maratón de Pontevedra, celebrado o 3 de outubro de 2004