Ago 27, 2019
No 2018 o Medio Maratón de Pontevedra presentábase como un gran reto debido a que houbo cambios no equipo técnico e organizativo da proba. Estes movementos internos pódense calificar positivamente xa que nesa edición o número de participantes aumentou considerablemente respecto ao ano anterior, superando a barreira dos 1300 atletas.
Ademais do aumento nos inscritos, tamén se viu un incremento na participación do público. A xente saiu á rúa para apoiar aos corredores xerando que ningún punto da carreira se quedase sen ánimos, o que propiciou que moitos atletas meloraran as súas marcas personais. Este era o obxectivo claro da organización dese ano. Era o que buscaban transmitir ao público co seu slogan “Ven facer a túa Mellor Marca Personal ao MMP”.
Os gañadores desa edición foron Alejandro Fernández con 01:07:00. Este atleta tivo un gran duelo durante toda a carreira con Manuel Hurtado, quen finalmente se fixo coa segunda praza chegando un minuto e 44 segundos despois. En categoría feminina non houbo grandes sorpresas. A clara favorita, Paula Mayobre, competiu en solitario case toda a proba. Parou o cronómetro en 01:16:52.
Todos os resultados da XXIII Edición do Medio Maratón de Pontevedra 2018
Vídeo da XXIII Edición do Medio Maratón de Pontevedra 2018: